Benvidxs a Duende Circo!



Duende Circo é a creación de Víctor Cantero, un ser adicado a revolucionar e a sorprender, en calquera momento e lugar. Artista multidisciplinar e apaixoado da vida.

 

Habilidades e fracasos para tódolos públicos. Humor, malabarismos, música e maxia; son algúns dos ingredientes deste explosivo cóctel.



Traxectoria

 

Naceu en Lugo. Na infancia tivo unha relación intensa co teatro e ca música folklórica galega; formándose e actuando ca asociación cultural "María Castaña".

 

Licenciouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de A Coruña.

 

Iniciou a súa andaina polo mundo do circo no ano 2006, aprendendo malabares de maneira autodidacta en Gran Canaria. No 2007, iniciouse no arte do clown en Bilbao con Rakel Imaz e Carmelo Muñoz.

 

Deiquí en adiante aprende e actúa cun montón de artistas cos que se cruza no camiño. Ademais realiza diferentes obradoiros de malabares con grandes mestres como Totó, Adrián o Ratón, Mikel Ayala...

 

Formouse en teatro ca compañía arxentina os Tres Gatos Locos.

 

Estudou na Escola Clown de Barcelona, tamén chamada Cal Clown; nunha experiencia única de formación e convivencia entre pallasos. Con mestres como Clara Cenoz (clown), Jon Davison (clown, creación e dirección de números, teoría e historia), Danny Schlesinger (clown), Fabrizio Bonora (movemento, acrobacia e voz), Pablo Muñoz (maxia cómica), Sara Pons (danza e movemento), Núria Pereto (clown de hospital).

 

Realiza máis cursos con Alex Navarro e Caroline Dream, Maite Guevara e Mariano Di Franco (Que Par Che Teatro), Johnny Melville, Christine Rossignol-Dallaire, Inda Pereda. Tamén estudia dramaturxia actoral con Ernesto Is e improvisación teatral con Akira Valero.

 

Traballou en Mexico con varias compañías diferentes. Primeiro con "Mozaico" e despois con "La Vida Santa". Con "Mermejita Circus Project" actúa en numerosos cabarets de circo e o seu último proxecto latinoamericano, foi no sur de México e en Guatemala, de circo e teatro musical ca compañía "La Verdadura"


Mermejita Circus Project en Oaxaca (México)
Mermejita Circus Project en Oaxaca (México)

Retorna e realiza diferentes espectáculos, unipersonais ou acompañado de outros artistas. Actuando en festivais como Pardiñas (Lugo), A Chaira (Lugo), Millo Verde (Pontevedra), Vibra Balboa (León), Ponte Louco (Ourense), Noite da Lúa Meiga (Pontevedra), Encontro Internacional de Malabaristas O Retruke (A Coruña), As San Lucas de Mondoñedo (Lugo), Encontro de malabares de Pradoluengo (Burgos), FIC Gáldar (Gran Canaria), Habitúa-te (Carvalhal Redondo/ Portugal), Gargalhadas Na Lúa (Lisboa), etc.



Ha participado con "Pallasos en Rebeldía" en Las Palmas de Gran Canaria. Tamén con "Mundo Piruleta" en Lugo, Ribadeo, Bembibre e Camponaraya.

 

Ca banda musical "Chotokoeu" colaborou en numerosas ocasións entre 2015 e 2016, actuando nos seguintes festivais; Iboga Summer (Valencia), Sonrías Baixas (Pontevedra), Reperkusión (Ourense), A Chaira (Lugo), Espantada Rock (Lugo), Mestizao (Granada), Vibra Balboa (León), Millo Verde (Pontevedra), Brétemas (Pontevedra), Poborina Folk (Teruel), Bual (Asturias), Submersons (Francia), Hestivoc (Francia), Encontro de Circo Myau (Guadalajara), festas de Olot (Cataluña), festas da Dorna en Ribeira (A Coruña), etc.

 

Con "A Patxaranga" actúa no festival Reperkusión 2015 e con "Folkólicos" no Magosto de Balboa, no festival Ventorock. etc

 

Con Lydia Botana “Bolboreta” e o seu espectáculo infantil en teatros de Lugo, A Coruña e Valdoviño.

 

Cos "Batuki de Montealto" animando na 37 Festa do Queixo de Arzúa. Ca Asociación Cultural "Manicómicos" animando "O Asalto ó Castelo" en Vimianzo e a cabalgata de reis de A Coruña de 2018.

 

Nos últimos anos traballou como parte da "Charlatana Cooperativa Galega de Artistas" en Moaña, Boiro, Bueu, Oia, Covelo, Seoane do Courel, Tirán, Celanova, no Festival Poemagosto de Allariz, Mazaricos, Salcedo, Caldas de Reis, Pobra Do Caramiñal, Tapia De Casariego, Boqueixón, Castroverde, O Vicedo, Muimenta, Monterroso, Sarria e en Reigosa (A Pastoriza).



No ano 2.014 concursou xunto ó director Igor Hristov no "14 Festival Internacional de Cine Las Palmas de Gran Canaria". Na sección LPA FILMA realizando unha curtametraxe en 48 horas. Podes velo aquí:


En 2017 participa de malabarista e de figurante na película do director Dani de La Torre; "La sombra de la ley". Tamén concursa co director Iago de Sant no certame de curtametraxes express "Fin de Curta", en Lugo, como protagonista e guionista de "Zombiraxe", gañando o premio do público, proxectándose tamén na 39 Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Podes ve-la curta no seguinte enlace:


En 2018 escribe e interpreta "Miñoca", dirixida por Iago de Sant. Gañando o premio do público de "FindeCurta". Sendo seleccionados no 40º SICA de Lugo, no M de Cine (Meira) e na 2ªedición do Festival RiR (Allariz). 

En 2019 interpreta "Cámbiache o conto" dirixido por Mauro Longarela recibindo de novo o premio do público no festival "FindeCurta"