Estilo: Clown e circo.

Duración: 60 minutos.

Dirección: Víctor Cantero.

Interpretación: Víctor Cantero.

 

Sinopse

 

Nos ultimos anos, Duende Circo foi recopilando unha serie de números de humor, maxia, música e malabares. Intento tras intento, fracaso tras fracaso, conseguíu formar un espectáculo unipersoal chamado "Pallaso Total".

 

É para nenos e grandes, de calquera cultura ou orixe. Un novo concepto do circo, da animación e dos sentimentos humáns.

 

Cunha posta en escea cálida, agradable, chea de enerxía, que combina a linguaxe xestual, físico e de obxectos; cunha grande dose de corazón e entrega que, a través do xogo, os malabarismos e a interacción co público, provoca a conexión co noso neno interior; sorprendéndonos, ilusionándonos e facéndonos rir.